Alba (poema)

Na lírica occitana unha alba é un poema no que se narra a despedida dos amantes coa chegada do abrente. É un amigo ou servente, que recibe o nome de gaita (vixía), o que se encarga de espertar os namorados para non seren descubertos polo home da dona. Entre as albas máis coñecidas está Reis glorios de Guiraut de Bornelh

Na lírica galego-portuguesa tan só hai un exemplo de alba, Levad´, amigo, que dormides as manhanas frías de Nuno Fernández Torneol.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy